A Mancomunidade do Salnés informa da convocatoria de prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén a Mancomunidade con distintas entidades noutros países.
O obxectivo deste intercambio é o de facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
Datas de realización do intercambio: do 2 de setembro ao 9 de setembro de 2018
Prazas: 10
Lugar de realización do intercambio: Na cidade de Venecia
Destinatarios: mozos e mozas residentes en calquera concello dos que forman parte da Mancomunidade de O Salnés con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.
O prazo para presentar un candidato finaliza o xoves 12 de xullo de 2018.
Unha vez teñamos os candidatos, farase unha reunión para concretar datos dos billetes de avión e loxística.
Formulario con toda a información e as bases para levar a cabo a selección:
DATOS QUE DEBEN FIGURAR NO FORMULARIO
Nome e Apelidos
Domicilio
Código Postal
Data Nacemento
Teléfono móbil Teléfono fixo
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
Transporte no ámbito do intercambio
Actividades organizadas pola entidade de acollida:
– Coñecemento da entidade de acollida.
– Percorrido cultural polos principais monumentos e museos de Venecia etc.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento desde Galicia ata o lugar do intercambio. (Billete avión)
A obtención do Cartón Sanitario Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.
Dende o Concello de Cambados informamos ás persoas interesadas de que poden enviar as súas solicitudes a través do correo electrónico alcaldia@cambados.es ou ben de maneira presencial na secretaría de alcaldía antes do martes 10 de xullo, data na que se realizará un sorteo público ás 12:30 no salón de plenos do Concello.