Alternatívate presenta a súa programación de outono

Despois da gran acollida que tiveron as xornadas de ocio alternativo celebradas a pasada primavera, o Concello de Cambados programa unha nova quenda de actividades destinadas á mocidade. Ao éxito de participación hai que sumar a gran valoración feita polos participantes de cada actividade, o cal non fai máis que confirmar que hai unha alta […]

A OMIX estrea páxina web

Continuamos coa ampliación do espazo web do Concello de Cambados, unha forma de achegar aos veciños e veciñas o traballo municipal. Despois da recente presentación da páxina do obradoiro de emprego, que xa está dispoñible para o público no enlace oe.cambados.es chega o turno da web da Oficina Municipal de Información Xuvenil. A OMIX, situada […]

Galería de fotos dos cursos de agosto da OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ven de concluír os cursos de verán que durante o mes de agosto impartiron os seguintes módulos: Curso de protección de datos Curso “ser violent@ é unha elección” Curso de linguaxe de signos Talleres creativos con gomaespuma, nós e fimo                        

En agosto, volven os Seráns de Troula a Cambados

A Troula volve a Cambados en agosto, coa segunda edición de Serán de Troula. Esta vez son os xoves os días elixidos para este ciclo de concertos orientados á mocidade, buscando ser un anticipo da fin de semana. O salón de plenos da casa consistorial acolleu a presentación do evento, nunha rolda de prensa na […]

Realizado o sorteo da praza para a viaxe de Venecia

O concello de Cambados realizou durante a mañá do martes o sorteo da praza ofertada para un cambadés ou cambadesa ao intercambio a Venecia. Foi realizado no Salón de Plenos do Concello pola alcaldesa Fátima Abal e o Concelleiro de Xuventude Miguel Pérez Osorio e en presenza da prensa e dalgúns veciños e veciñas actuando […]

Cursos de verán da OMIX

A Concellaría de Xuventude do Concello de Cambados informa dos cursos que se levarán a cabo durante o mes de agosto no centro sociocultural da Merced: Protección de datos: Data: previsto para o 30 de xullo Gratuito Ser violent@ é unha elección: Datas: 6-8-10 de agosto Horario: de 10 a 13/13:30 Gratuito Monográficos de tempo […]

Intercambio xuvenil a Venecia

A Mancomunidade do Salnés informa da convocatoria de  prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén a Mancomunidade con distintas entidades noutros países. O obxectivo deste intercambio é o de facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural, e favorecer […]

Alternatívate: programa de ocio alternativo para a xuventude

Alternatívate forma parte da programación que a Concellaría de Xuventude pon en marcha para ofrecer alternativas de ocio á nosa mocidade, cun tipo de ocio que a xente xoven demanda moi activamente. Este programa consta de 14 actividades, levadas a cabo por Laranxo animación sociocultural, nas que se buscou a máxima variedade. Haberá un ciclo […]

Exemplo Noticia Área de Xuventude e Novas Tecnoloxías

ÁREA de Área de Xuventude e Novas Tecnoloxías Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nam suscipit enim tempor, aliquet tellus in, iaculis mauris. Donec semper ultricies sapien eget vestibulum. Sed a lorem eget nibh facilisis consectetur quis sit amet magna. Donec magna arcu, imperdiet porta nunc bibendum, ullamcorper placerat metus. Integer aliquet interdum […]