O domingo 26 de marzo ás 20:30 horas no auditorio municipal da Xuventude celébrase o festival solidario a beneficio da AECC (Asociación Española Contra o Cancro), na que actuarán os grupos Añoranza e M80.
A Asociación Española Contra o Cancro, en Cambados é unha ONL(Organización Non Lucrativa), privada e declarada de utilidade pública, que leva 60 anos traballando na loita contra o cancro.
A AECC integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica e tratamento do cancro, co obxectivo de mellorar a vida das persoas.
Estruturada en 52 Xuntas Provinciais e presente en máis de 2000 localidades españolas, a AECC desenvolve o seu traballo a través dos seus máis de 15000 voluntarios e 580 empregados baixo unha filosofía de colaboración coas autoridades sanitarias, institucións científicas e aquelas outras entidades que persiguen un fin análogo ao da asociación.
Todo elo sempre baixo os principios de axuda, unidade, transparencia, profesionalidade, independencia e dinamismo, abordando o cancro dende un enfoque integral:
- apoiar: atención personalizada e individualizada, atención social (axudas económicas, préstamo de camas eléctricas, cadeiras d erodas, pelucas, próteses, grúas, programa de inserción laboral, programa de alimentos), atención psicolóxica, atención sanitaria, (unidades de coidados paliativos, programa volver a falar para larinxectomizados), pisos e residencias.
- investigar: investigación oncolóxica de calidade orientada ao paciente. A AECC é a entidade privada que máis fondos destina á investigación oncolóxica.
- informar e concienciar: educación para a saúde nos colexios, solidariedade na empresa, campañas de cancro de colon, cancro de mama, cancro de pulmón, cancro de pel, etc.