Nunha sociedade correcamiños onde a présa é inherente a cada un de nós, estamos embarcando neste ritmo frenético un dos tesouros máis prezados: a infancia. Ansiamos que camiñe canto antes, que fale canto antes, que lea canto antes, … Adiantando o reloxo de cada neno. Alguén ten a osadía de intentar deter un tsunami? Pero si podemos loitar contra a natureza do neno? Os cativos reclaman unha mirada atenta, cos ollos, que o acompañe de preto pero que lle permita moverse en liberdade, que respecte o seu propio ritmo e que, en definitiva, lle permita ser.
Porque el só ten todo o necesario para un desenvolvemento óptimo. Eu soíño…Cantas veces escoitamos dicir a un neno esa frase? Soíño implica independencia, autonomía, sin excesos e autoestima.
O xoves 30, no Centro sociocultural A Merced de Cambados, ás 18:00h, reflexionaremos acerca do desenvolvemento do neno e as condicións necesarias para que se produza da forma máis axeitada posible así como da importancia da contorna. Contaremos con profesionais de distintos ámbitos que nos aportarán coñecementos sinxelos para que o neno teña o que precisa nesta sociedade actual, darannos ferramentas para saír ao paso das dificultades e invitarán a familias e profesionais a comezar ese cambio de mirada.