CAMBADOS VOLVE NAMORAR

CAMBADOS VOLVE NAMORAR

O Concello de Cambados, xunto coa asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2022.

Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”“Bicos”“Amor” e “Love”, que servirán como escenario para conseguir un dos premios da campaña.

Entre os participantes sortearase tres ceas románticas nalgún dos establecementos asociados valorada en 60 euros e catro paks da Bodega Paco e Lola. Para iso, os interesados terán que subir unha foto co hashtag #cambadosnamora a Facebook, Instagram ou Twitter nalgún dos puntos antes mencionados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.