A GARDERIA DE CAMBADOS GARANTE PRAZA NO VINDEIRO CURSO PARA TODOS OS SOLICITANTES

A GARDERIA DE CAMBADOS GARANTE PRAZA NO VINDEIRO CURSO PARA TODOS OS SOLICITANTES

A Escola Infantil do Concello de Cambados comezará o curso escolar 2020-21 con 110 alumnos, dos que 43 son de novo ingreso

De novo vólvese a garantir que todos as familias que reservaron praza en tempo están admitidos no centro. As familias que fixeron a reserva de praza están sendo chamados telefonicamente pola empresa que xestiona o centro no caso de que non este completa a documentación para formalizar a matricula na propia gardaría que se fará a partir do 1 de setembro, tomando todas as medidas de seguridade pertinentes. Así a incorporación dos nenos a escola infantil se realizara de forma escalonada como medida de prevención do Covid-19.

Escola Infantil Municipal de Cambados ven atendendo unha demanda moi necesaria no municipio desde que se inaugurou en 2003, e a posterior ampliación de 2006. Este é un dos servizos mais demandados polas familias para poder conciliar as responsabilidades laborais e familiares. A consellería de Política Social insta a todos os centros a tomar medidas de carácter preventivo como consecuencia da situación sanitaria causada polo COVID-19. Por tal motivo, para este curso escolar 2020-21 vémonos na necesidades de establecer cambios organizativos e metodolóxicas para dar cumprimento a ditas medidas.

Melloras na Escola Infantil

Recentemente veñen de rematar as obras de renovación e mellora dos Patios dianteiro e posterior da Gardería Municipal de Cambados, cun investimento de 35.687€ que foi financiado integramente con cargo aos fondos do Plan Concellos. Estas melloras foron demandas polos membros da comunidade educativa e os responsables da xestión do centro en varias reunións que mantiveron co Concello de Cambados. Tratase dunha demanda que xa levaban solicitando dende hai anos dende a dirección do centro, debido ao desgaste padecido nos patios das instalacións municipais.

Así, no patio dianteiro instaláronse 130 metros cadrados de lousas de caucho das mesmas características que actualmente dispoñen na parte máis próxima ao edificio da gardería, cubrindo desta forma toda a superficie do patio. No patio posterior levantouse o acabado anterior que tiña e que se atopa deteriorado polo uso e foi substituído polas mesmas lousas de caucho que existen no patio dianteiro nun total de 340 metros cadrados, xunto con estes traballos, tamén se pintou os balos exteriores do patio en cores claros e se instalou unha placa de aluminio micro perforada cunha superficie total de 80 metros cadrados, no balado de peche para que o arrastre dos terreos colíndantes e máis altos rematen no chan deste balado do patio posterior.

Con esta reforma da Gardería Municipal estase a continuar co camiño de priorizar naquelas actuacións que melloren a seguridade e o benestar dos nenos, xa que esta inversión supoñen arranxos e reformas imprescindibles para a gardería que precisaban despois de varias lexislaturas de recortes en inversións sociais. Os traballos que se realizaron nos patios, non deixan de ser un recurso didáctico importante para o desenvolvemento da psicomotricidade e das actividades de exteriores que se fan cos nenos e as nenas. En concreto, estanse eliminado os defectos que presentaba o pavimento e utilizando cores e materiais que permitan desenvolver distintas actividades. Desta maneira, a intervención cumpre cun dos compromisos que a Concellaría de Servizos Sociais adquiriu coa comunidade educativa da Gardería Municipal de Cambados

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.