Conmemoración do cabodano de Ramón Cabanillas

O venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas. A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asoret coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”. Ás 18:00, Exposalnés será o escenario da presentación do proxecto museístico do legado Cabanillas por Pepe Barro. Ás 19:00, no paseo […]

Alternatívate presenta a súa programación de outono

Despois da gran acollida que tiveron as xornadas de ocio alternativo celebradas a pasada primavera, o Concello de Cambados programa unha nova quenda de actividades destinadas á mocidade. Ao éxito de participación hai que sumar a gran valoración feita polos participantes de cada actividade, o cal non fai máis que confirmar que hai unha alta […]

Convocatoria de pleno extraordinario

O martes 30 de outubro, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Ratificación da urxencia da sesión 2º.- Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleiro de d. Luis Alberto Serantes González 3º.- Expediente 3819/2018 – Modificación orzamentaria […]

Convocatoria do pleno ordinario de outubro

O xoves 25 de outubro, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Expediente 4025/2018 – Modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI 2º.- Expediente 4025/2018 – Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola […]

A escola de música e o conservatorio celebran o Samaín

Os días 25, 26, 29, 30 e 31 de outubro o auditorio municipal da Xuventude convírtese no escenario no que as pantasmas e cabazas do Samaín combinarán música e sustos. O hall de entrada ao auditorio contará con actuacións de música e movemento, linguaxe musical e da aula de piano. Elixe ben o teu disfraz […]

CORDAL ESIXE PEDIATRÍA DE TARDE E UN MÍNIMO DE DOUS MÉDICOS NO PAC DE CAMBADOS

O Concelleiro de Sanidade de Cambados, Tino Cordal, amosou hoxe a súa indignación ante a Xerencia da EOXI Pontevedra-O Salnés polo sucedido na pasada fin de semana no Punto de Atención Continuada (PAC) do Centro de Saúde de Cambados, que durante toda a mañá do sábado contou cun só médico, o cal, motivou que o […]

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA 2018

O Mércores 24 ás 17:30 no Auditorio da Xuventude farase o acto coa lectura do Pregón “EL DÍA DE LA LUZ” de Gonzalo Moure, a entrega de agasallos ós “SUPER RATOS” das bibliotecas de Cambados e co espectáculo “O CARTEIRO EN BICICLETA” a cargo da Trastenda dos Contos (Público familiar)