CAMBADOS CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA 2018

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA 2018

O Mércores 24 ás 17:30 no Auditorio da Xuventude farase o acto coa lectura do Pregón “EL DÍA DE LA LUZ” de Gonzalo Moure, a entrega de agasallos ós “SUPER RATOS” das bibliotecas de Cambados e co espectáculo “O CARTEIRO EN BICICLETA” a cargo da Trastenda dos Contos (Público familiar)

O 24 de Outubro é o día da Biblioteca, adícase especialmente ao publico infantil e xuvenil. Dende o año 1997 La Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove a celebración do Día da Biblioteca, tódolos 24 de Outubro.

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xurde da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo á destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

A iniciativa naceu para trasladar á opinión publica da importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas ás idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e convivencia humana. Atentamente, un saúdo.

LECTURA DO PREGÓN: “EL DÍA DE LA LUZ” de Gonzalo Moure

“El libro es el laboratorio del hombre, el lugar en el que se experimenta con emociones, descubrimientos, utopías, apuestas.”

O pregón de este ano é obra do escritor Gonzalo Moure Trenor, premio Cervantes Chico 2017.

Gonzalo fala no seu texto da inauguración dunha biblioteca dun campamento de refuxiados saharauis. En “Dajla, o máis lonxano, o máis esquecido dos 5 campamentos de refuxiados saharauis”. E fala dela como “un espazo para o son, para o ruído. Un espazo para desexar ir en busca da lectura, máis tamén a búsqueda da amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorarse mirando uns ollos por riba dun libro. Porque o fin e o cabo a biblioteca é un lugar no que se descobre ó outro, de papel ou de carne”.

Para el, “O día da Biblioteca é o mesmo que dicir o día da luz”.