Conmemoración do cabodano de Ramón Cabanillas

O venres 9 de novembro conmemórase o cabodano do poeta Ramón Cabanillas.

A xornada conmemorativa comezará ás 11:30 no IES Asoret coa entrega dos premios do I concurso de poesía “Cambados mar de letras”.

Ás 18:00, Exposalnés será o escenario da presentación do proxecto museístico do legado Cabanillas por Pepe Barro.

Ás 19:00, no paseo da Calzada realizarase a ofrenda floral no cabodano de Ramón Cabanillas.

E ás 21:00, no auditorio da Xuventude haberá un concertó-homenaxe a Cabanillas a cargo do grupo Cantigas e Agarimos.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.