Despois da gran acollida que tiveron as xornadas de ocio alternativo celebradas a pasada primavera, o Concello de Cambados programa unha nova quenda de actividades destinadas á mocidade.
Ao éxito de participación hai que sumar a gran valoración feita polos participantes de cada actividade, o cal non fai máis que confirmar que hai unha alta demanda por parte da mocidade de este tipo de iniciativas.
É por eso polo que dende a concellaría de xuventude se decidíu dar continuidade a este evento e pechar o 2018 cunha nova quenda de actividades nas que se buscou, unha vez máis, a maior variedade posible na oferta lúdica, xa que os perfís das persoas que demandan este tipo de eventos son tamén moi variados, así como que este ocio aporte valores engadidos que redunden positivamente na mocidade, mantendo así o espírito que tan bo resultado deu no programa primaveral.
Nesta ocasión serán sete actividades, pensadas por e para os xóvenes, que comezarán o 9 de novembro, e terán lugar todos os venres ata o 21 de decembro. Algunhas serán en Exposalnés e outras no Salón Peña, segundo o tipo de actividade o requira.
Haberá un obradoiro de globoflexia, un obradoiro de preparación de pizzas artesáns, outro de hábitos alimenticios saudables, iniciación aos bailes latinos, unha actividade de comunicación visual e lettering, mindfulness, e para rematar un obradoiro de artjournal.
Un dos aspectos que máis se tivo en conta á hora de deseñar esta programación foi o de fomentar, de diversas formas, a expresión da creatividade que todas as persoas levamos dentro e que moitas veces non sabemos como manifestar. Tamén se mantén o espírito formativo que xa imprimimos ao programa de primavera e que comprobamos que incrementa o interese dos participantes.
Esta programación súmase a un ano 2018 bastante intenso en canto a actividades xuvenís, xa que o concello ten como unha das súas prioridades a consolidación de iniciativas que incentiven un ocio alternativo. Neste aspecto, a Alternatívate sumáronse por exemplo o ciclo de concertos Serán de Troula durante o mes de agosto, así como as diversas actividades da OMIX, con varios cursos e talleres creativos, ademáis de outro tipo de actividades como por exemplo a charla sobre nutrición que se celebrará o vindeiro mércores no instituto Asorey. Esta oferta estase sen dúbida consolidando en Cambados, e de cara aos vindeiros anos esperamos seguir ampliándoa cada vez máis.
E como xuventude é sinónimo de redes sociais, animamos a seguir as contas en facebook e instagram de Alternatívate, ademáis da información que se dará nas contas en redes do concello e da OMIX. Ademáis, tamén se repartirá material impreso en institutos e locais sociais.
Invitamos a toda a xuventude a disfrutar das noites dos venres dunha forma diferente, dunha forma alternativa e que, ao igual que no ciclo de primavera, será totalmente gratuita para os e as participantes.