VI XORNADAS DA FUNDACIÓN MANOLO PAZ EN CAMBADOS

VI XORNADAS DA FUNDACIÓN MANOLO PAZ EN CAMBADOS

O venres 13 de agosto terán lugar as VI Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados que este ano terán como protagonista ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura, Medalla de Ouro da Arquitectura e Medalla de Galicia.

O premio da Fundación Manolo Paz, é un galardón que recoñece o labor de profesionais destacados pola súa contribución á conservación e mellora da paisaxe e a difusión da arte . Desta volta o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, artífice dunha construcción sensible dunha nova Galicia

Ademais inaugurarase unha exposición do artista Uxío López titulada A diferenza repetida e haberá unha conversa co artista . A continuación Acción poética O lugar que non hai de Estevo Creus.

O día pecharase co concerto da compositora galega Su Garrido Pombo no espazo da Fundación Manolo Paz.

No acto de presentación hoxe en Cambados estiveron presentes o Concelleiro de Cultura Tino Cordal, o artista Manolo Paz, a directora da Fundación Julia García , Uxío López, pintor e Carlos Carrión, presidente da Cooperativa Paco & Lola.

Para inscribirse ás xornadas ou recibir máis información:

Inscricións en xornadas@fundacionmanolopaz.gal

www.fundacionmanolopaz.gal

VI Xornadas da Fundación Manolo Paz
13 de agosto, 2021

13.00 h
Presentación das VI Xornadas con Manolo Paz e as autoridades.

Entrega do «VI Recoñecemento Fundación Manolo Paz» ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura, Medalla de Ouro da Arquitectura e Medalla de Galicia.

17.00 h
Inauguración da exposición de Uxío López, A diferenza repetida. Conversa co artista.

17.30 h
Acción poética O lugar que non hai de Estevo Creus.

18.00 h
Concerto da compositora galega Su Garrido Pombo no espazo da Fundación Manolo Paz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.