FESTA DO ALBARIÑO 2021

FESTA DO ALBARIÑO 2021

CONCERTOS DA FESTA DO ALBARIÑO 2021

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Mércores 28 de xullo na Praza de Fefiñáns ás 20:30h

Ángel Stanich

Xoves 29 de xullo na Praza de Fefiñáns ás 20:30h

Ptazeta

Venres 30 de xullo na Praza de Fefiñáns ás 20:30h

Novedades Carminha

Sábado 31 de xullo na Praza de Fefiñáns ás 20:30h

Os Resentidos

Domingo 1 de agosto na Praza de Fefiñáns ás 20:30h 

RESERVA GRATUITA DE ENTRADAS NO PAZO TORRADO

En horario de 11:30-13:30h e 18-21h de martes a venres, Sabados e domingos de 18-21h

1.-Prégase encarecidamente absterse de asistir a este evento no caso de calquera sospeita de enfermidade contaxiosa por vía aérea ou no caso de estar suxeito a corentena domiciliaria.

2.-Obrígase ao uso de máscara durante toda a celebración do evento, e á hixiene de mans á entrada deste. Non se poderá beber, comer nin fumar no recinto.

3.-Os asistentes seguirán en todo momento as indicacións dos acomodadores e do persoal da organización e seguridade.

4.-Ao remate do espectáculo con público sentado, o espectador permanecerá na butaca, ata que se inicie a saída por indicación do rexidor.

5·-No caso de saír durante o evento, o espectador deberá alzar a man e esperar a que un dos acomodadores se achegue para facilitarlle a saída. Neste senso, aconséllase satisfacer as necesidades fisiolóxicas antes do acceso ao espectáculo.

6.-A organización resérvase o dereito de admisión e poderá indicar ás forzas da orde que procedan ao desaloxo de calquera espectador, no caso de que o seu comportamento ou estado de saúde non sexa o adecuado, antes, durante ou ao remate do evento.

7.- Por motivos de seguridade, o portador da entrada presentarase no lugar do concerto con tempo suficiente para acceder ao patio de butacas. Unha vez que comece o espectáculo, e o portador non fixera acto de presenza, a entrada non terá validez.

8-Non se poderán retirar máis de 2 entradas por persoa. Todas/os as/os asistentes deberán entregar o seu tícket á entrada do recinto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.