Ante o previsible aumento de usuarios dos cemiterios municipais a medida que se achegue o 1 de novembro, Día dos Defuntos, desde o Concello de Cambados publicouse un cartel no que aparecen distintas recomendacións para evitar contaxios por Covid-19 nos camposantos.
Ademais das consabidas máscaras e distancia de seguridade, establécense grupos dun máximo de catro persoas e recoméndase non exceder a media hora na visita, entre outras medidas.
No municipio de Cambados funcionan seis cemiterios: o de Santa Mariña e Fefiñans (Cambados), o de Vilariño, o de Corvillón, o de Castrelo, e o de Oubiña sendo todos parroquiais.
As recomendacións son as seguintes: usar máscara en todo momento; manter a distancia de seguridade de dous metros; desinfectarse as mans ao entrar e saír do cemiterio; o tempo máximo de visita recomendable é de 30 minutos; máximo de catro persoas nos grupos de visita; respectar o horario de mañá para prioridade das persoas maiores; e levar cada un os seus propios utensilios e botellas de auga para encher os vasos.
O tenente de alcalde delegado de Seguridade Cidadá e Sanidade, Tino Cordal, lembrou a recomendación de que a visita aos camposantos fágase de maneira graduada e así evitar as aglomeracións que se adoitan dar os días 31 de outubro e 1 de novembro. Nas pasadas semanas realizáronse distintos traballos nos cemiterios do municipio para que luzan o mellor posible. Este esforzo municipal tense que complementar cun comportamento responsable por parte dos usuarios nun momento en que están repuntando os casos de coronavirus en toda Europa. Por iso, pedimos ás persoas que vaian visitar os nosos seis cemiterios que por favor respecten as medidas que fixemos públicas no cartel.