Hoxe 23 de Outubro a partires das 18.00 horas, terá lugar a terceira xornada do proxecto O CAMIÑO SOSTIBLE, que se celebrará no Auditorio Municipal (Rúa San Francisco, 12) no CONCELLO DE CAMBADOS como ubicación e sede desta derradeira xornada.
O Camiño Sostible é unha actividade de Dinamización, e na súa esencia, un proxecto que busca dinamizar e por en valor todos e cada un dos sectores e actores parte no CAMIÑO DE SANTIAGO e a través deles e a súa interacción, a promoción do turismo e desenvolvemento local da mán dos valores do camiño e a sustentabilidade.
Con esta actividade preténdese xerar conciencia do Camiño dende e cos principais actores da actividade económica e social galega, promocionando a industria turística e dirixíndose ós distintos sectores da sociedade. Para lograr os devanditos obxectivos, traballárase dende a súa historia e realizáranse accións para a promoción económica, sustentabilidade e turismo, destacando os recursos e valores da contorna natural, patrimonial, paisaxístico e ambiental de Galicia.
Neste proxecto, ademáis dunha charla on line impartida como píldora formativa por expertos en Turismo e desenvolvemento local a nivel nacional, tamén haberá mesas redondas de emprendemento e networking, onde se presentarán empresas como casos de éxito de emprendemento a traves do Camiño e dos recursos locais. Tamén , unha mesa institucional na que Cambados e o área do Salnés destacará o potencial turistico e histórico Do Camiño ,os produtos turísticos creados en torno o mesmo , para fomentar o coñecemento e impulsar a implicación , promoción e posta en valor do feito XACOBEO e do seu impacto transversal , económico e social por todolos axentes implicados.
Debido a situación extraordinaria que estamos a vivir, non só aplicaremos en tódalas actividades un protocolo de seguridade Covid, senón que tamén, limitaremos o aforo das accións a desenrolar. Por este mesmo motivo, e necesario inscribirse con anterioridade a travé dun formulario google forms que mais abaixo os citamos, e tamén a traves da web do evento: www.ocaminosostible.com.
A través deste proxecto, do que remitimos tamén cartel e programa da actividade no Concello de Cambados, buscamos directamente por en valor e crear conciencia da necesidade da integración conxunta dende o Camiño e os seus valores históricos, para obter obxectivos reais de desenvolvemento e promoción Turística actuais, rendibles e novos e coa participación de todala sociedade. A súa posta en práctica expón non só un enfoque participativo senón tamén o compromiso e relación intersectorial da realidade económica e turística galega co Camiño.
E necesario unir tódalas realidades do tecido galego para fortalecer a nosa historia e a súa vez, buscala a unión e a cohesión de tódolos sectores económicos, culturais e sociais galegos en pro dun ano XACOBEO 2021 mais amplo, mais activo, mais forte e mais visible.
Agradecemos a colaboración e acollida do Concello de Cambados e a súa a implicación nas actividades deste proxecto para a activa difusión do feito Xacobeo, fomento do emprendemento rural e traballo en pro do impulso do desenvolvemento rural , visibilidade dos seus recursos e fomento da creación de novos productos turísticos que fortalezan GALICIA como destino.