Data de Insercción do anuncio 10/12/2015.
Denominación do Servizo: “Limpeza de dependencias municipais: centro de saúde”
Presuposto do Servizo: 26.446,28 euros (IVE excluído), correspondendo ó IVE a cantidade de 5.553,72 euros, totalizando un importe de 32.000 euros.
Esta Alcaldía, en uso das facultades atribuídas, ten a ben RESOLVER:
1º.- Inicia-lo expediente de contratación do servizo referenciado e que pola Intervención se certifique a existencia de crédito en cumprimento do disposto polo artigo 109.3 do T.R.L.C.S.P.
2º.- Dispoñer que a adxudicación se levará a cabo polo procedemento negociado sen publicidade e tramitación urxente, debido ao vencemento do contrato o vindeiro 7 de xaneiro de 2016.
3º.- Que se eleva todo o expediente á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación, se procede.
CADRO DE CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO
PRESTACIÓN DO SERVIZO DE: “LIMPEZA DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS: CENTRO DE SAÚDE”.
EPIGRAFE 1: ORZAMENTO: 32.000 EUROS (IVE engadido)
EPÍGRAFE 2: APLICACIÓN ORZAMENTARIA: 312.227.00
EPÍGRAFE 3: DURACIÓN DO CONTRATO: 1 ano.
EPÍGRAFE: 4: PROCEDIMENTO DE ADXUDICACIÓN E TRÁMITE: Procedemento negociado sen publicidade e tramitación urxente.
EPÍGRAFE 5: CONSULTA DE PREGOS: Secretaría do Concello de Cambados, en horario de oficina. Os pregos poderán solicitarse o correo electrónico seguinte: contratacion@cambados.es Teléfono: 986520943. Ext. 722.
EPÍGRAFE 6: LUGAR DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS: Rexistro Xeral do Concello de Cambados de 8.30 a 14.30 horas (luns a venres) e de 9.00 a 13.00 horas (sábados).
EPÍGRAFE 7: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS: Dez (10) días naturais, contados dende o seguinte á inserción do anuncio de licitación que se publicará no perfil do contratante.
EPÍGRAFE 8: GARANTÍA PROVISIONAL: Non se esixe.
EPÍGRAFE 9: APERTURA DE PLICAS: No lugar día e hora que se sinale no taboleiro de anuncios do concello.
EPÍGRAFE 10: GARANTÍA DEFINITIVA: 5% do prezo de adxudicación.
Descargar: DECLARACIÓN ART 146.4 do TRLCSP.pdf
Descargar: SOBE B MODELO PROPOSICION ECONOMICA LIMPEZA.pdf
Descargar: PREGO DE LIMPEZA CENTRO DE SAUDE.pdf