ANUNCIO CONTRATO DE SERVIZO DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO DO CONCELLO DE CAMBADOS

 OBXECTO DO CONTRATO; NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER; E CÓDIGO CPV

O contrato consistirá basicamente na prestación de servizos de administración e mantemento integral de equipos e programas informáticos, asistencia e apoio técnico en tarefas de administración e xestión informática. Todo elo destinado a ter sempre cubertos os seguintes requisitos:

  • Mantemento e reparación dos equipos informáticos nos distintos servizos do Concello de Cambados (118 Ordenadores de Sobremesa, 37 Portátiles, 40 Impresoras, 5 Proxectores, 6 Redes Wifi, 8 Redes Cableadas, 5 Servidores), tendo que cubrir o presente contrato os equipos actuais así como un incremento nun 10% dos mesmos en caso de que foran adquiridos durante o período de duración deste contrato.
  • Realización dos traballos de mantemento necesarios para asegurar en todo momento a máxima dispoñibilidade de equipos e sistemas obxecto do contrato.
  • Mantemento sobre o hardware e o software dos dispositivos informáticos (servidores, ordenadores persoais, portátiles, scanner, etc.), así como todos os compoñentes dos que dispoñan cada un deles.

Non formarán parte do presente contrato os gastos en inversión de novos equipos, ata o umbral do 10%,  nin o correspondente á substitución de pezas defectuosas, que poderá contratarse ou non á empresa adxudicataria, pero si estarán incluídas as horas de traballo necesarias para a substitución de ditas pezas de recambio.

As necesidades administrativas a satisfacer son as de manter con eficiencia a calidade da infraestrutura dos sistemas de información, posibilitando a súa continuidade e seguridade.

CPV: 72250000-2. (Servizos de mantemento e apoio de sistemas).

 

 ÓRGANO DE CONTRATACIÓN

O órgano de contratación, que actúa en nome do Concello de Cambados, é a Xunta de Goberno Local, en virtude do Decreto de alcaldía de 29 de xuño do 2015.

O mencionado órgano ten facultade para adxudicar o correspondente contrato e, en consecuencia, ostenta as prerrogativas de interpretalo, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta, con suxeición á normativa aplicable. Os acordos que a este respecto dite serán executivos, sen prexuízo do dereito do contratista á súa impugnación ante a xurisdición competente.

CAPACIDADE E SOLVENCIA PARA CONTRATAR

Poderán contratar coa Administración as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se encontren comprendidas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 60 do TRLCSP, extremo que se poderá acreditar por calquera dos medios establecidos no artigo 73 do TRLCSP.

As empresas deberán ser persoas físicas ou xurídicas cuxa finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais e dispoñan dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante certificación de inscrición nun dos rexistros profesionais ou comerciais que se indican no anexo I do RXLCAP.

As restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España do lugar do domicilio da empresa, na que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no Rexistro local, profesional, comercial o análogo ou, na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato así como o informe de reciprocidade a que se refire o artigo 55 do TRLCSP.

Ademais dos requisitos apuntados, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica, ben a través da acreditación dunha clasificación adecuada ao obxecto do contrato,  ben a través dos medios de xustificación que, ao amparo dos artigos 62, 75 e 78 do TRLCSP, apúntanse a continuación:

                Solvencia económico-financeira (a través dos seguintes medios):

Declaración apropiada de entidades financeiras ou xustificante de ter contratado e vixente un seguro de indemnización por riscos profesionais.

Solvencia técnico-profesional (a través dos seguintes medios):

·         As titulacións académicas e profesionais do empresario, do persoal directivo da empresa así como do persoal responsable da execución do contrato. Deberá acreditarse mediante os correspondentes currículos e titulacións compulsadas.

·         Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución dos traballos ou prestacións, á que se xuntará a documentación xustificativa correspondente.

·         Indicación das medidas de xestión medioambiental que o empresario poderá aplicar o servizo.

Non poderán concorrer á licitación aquelas empresas que participasen na elaboración das especificacións técnicas a que se refire o presente contrato, sempre que dita participación poida provocar restricións á libre concorrencia ou supoñer un trato privilexiado con respecto ao resto das empresas licitadoras.

Os que contraten coa Administración, poderán facelo por si, ou mediante a representación de persoas debidamente facultadas para iso.

 

CLASIFICACIÓN DOS LICITADORES

Para ser adxudicatario do presente contrato non é preciso estar en posesión de clasificación empresarial algunha, sen prexuízo de acreditar a correspondente solvencia económica, financeira e técnica, polos medios establecidos na cláusula  4.2 do presente prego.

 

ORZAMENTO DE LICITACIÓN; VALOR ESTIMADO DO CONTRATO; PREZO

O orzamento máximo de licitación, ascende á cantidade de 10.909,09 euros/anuais, ao que haberá que engadir a cantidade de 2.290,91 euros en concepto de IVE (21%), que deberá soportar a Administración, o que supón un total ascendente de 13.200,00 euros/anuais.

En todo caso, deberase indicar como partida independente o IVE.

O valor estimado da contratación a realizar incluídas as posibles prórrogas e modificacións do contrato e sen incluír o IVE que deberá soportar a Administración, ascende á cantidade de 13.200,00 euros.

En todo caso, o  prezo do contrato será o que resulte da licitación.

 

DURACIÓN DO CONTRATO.

A duración do contrato será de DOUS (2) ANOS a partir do día seguinte o da súa formalización.

A duración do contrato poderá prorrogarse por períodos anuais, até un máximo de outros DOUS (2) anos máis (é dicir, 2 anos de duración + posible prórroga de 1 ano +  posible prórroga de 1 ano = CATRO (4) ANOS de duración total máxima, incluídas as prórrogas).

A prórroga acordarase polo órgano de contratación, cun mes de antelación á finalización do contrato e será obrigatoria para o empresario, sen que poda producirse polo consentimento tácito das partes.

Unha vez finalizado o prazo contractual (xa sexa o inicial ou, no seu caso, o prorrogado), o contratista deberá continuar a prestación do servizo até que un novo adxudicatario se faga cargo da súa prestación, en idénticas condicións até un máximo de seis meses.

 

OFERTAS DOS INTERESADOS

Presentación.

As ofertas dos interesados deberán axustarse ao establecido neste Prego e a súa presentación suporá a aceptación incondicional polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, así como do Prego de prescricións técnicas, sen excepción ou reserva algunha.

Cada licitador non poderá presentar máis dunha oferta. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente, nin figurar en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas.

 

Lugar e prazo de presentación.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeneral de Entrada do Concello de Cambados sito na Praza do Concello 1, Cambados, CP. 36630 (Pontevedra), en horario de 8.30 a 14.30 horas, dentro dos 15 DÍAS NATURAIS seguintes a aquel en que apareza o anuncio de licitación publicado no BOP. Se o último día de prazo finaliza en domingo ou festivo entenderase prorrogado ao inmediato hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o interesado deberá xustificar a data e hora de imposición do envío da oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación, dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación, a remisión da oferta mediante Fax (núm. 982.10.27.12) ou telegrama no que se consigne o título completo do contrato e o nome do licitador. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación, con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez días naturais seguintes á indicada data sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso.

Unha vez presentada unha proposición non poderá ser retirada baixo ningún pretexto.

Non serán admitidas variantes ou alternativas.

Os interesados haberán de presentar as súas ofertas  referidas á totalidade dos servizos obxecto do contrato, así como do prezo fixado para os servizos extraordinarios fixados no prego técnico.

Cada interesado poderá presentar só unha oferta en relación co obxecto do contrato, sen que se poidan presentar variantes ou alternativas.

O empresario que presentase oferta en unión temporal con outros empresarios non poderá, á súa vez, presentar oferta individualmente, nin figurar en máis dunha unión temporal participante na licitación. O incumprimento desta prohibición dará lugar á non admisión de todas as ofertas por el subscritas.

 

 PUBLICACIÓN.

No BOP. e no Perfil do Contratante do Concello de Cambados, cuxo acceso público se efectuará a través de Internet, na Dirección Electrónica www.cambados.es, publicarase a información correspondente a este procedemento.

 

DOCUMENTACIÓN QUE HAN DE ACOMPAÑAR ÁS OFERTAS. 

As proposicións constarán de TRES (3) SOBRES pechados, identificados no seu exterior con indicación da licitación á que se concorra e o nome e apelidos ou razón social da empresa licitadora, números de teléfono e de fax, e dirección de correo electrónico, de dispor deles, así como coa firma do licitador ou persoa que lle represente.

O contido de cada sobre, que deberá estar relacionado en folla independente, deberá ter os requisitos que se sinalan a continuación:

Sobre nº1:  subtitulado “Documentación Previa”.

Sobre nº2: subtitulado “Memoria técnica”

Sobre nº 3: Subtitulado “Oferta económica e criterios cuantificables mediante fórmulas matemáticas”.

 

SOBRE Nº1 “DOCUMENTACIÓN PREVIA”.

                En aplicación do establecido nos apartados 4 e 5 do Art. 146 do TRLCSP, en redacción dada pola Lei 14/2013, substitúese a achega inicial da documentación establecida no apartado 1 do art. 146, por unha declaración responsable do licitador indicando que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Incorpórase modelo de declaración como Anexo II deste Prego.

O licitador a cuxo favor recaia a proposta de adxudicación, deberá acreditar ante o órgano de contratación, previamente á adxudicación do contrato, a posesión e validez dos documentos esixidos.

O órgano de contratación, en orde a garantir o bo fin do procedemento, poderá solicitar, en calquera momento anterior á adopción da proposta de adxudicación, que os licitadores acheguen a documentación acreditativa do cumprimento das condicións establecidas para ser adxudicatario do contrato.

A concorrencia destes requisitos enténdese referida á data de finalización do prazo de presentación das proposicións.

Dentro do Sobre nº1 presentarase escrito, subscrito polo asinante da proposición, no que conste o número de teléfono, de fax e o correo electrónico da persoa á que se dirixirán as comunicacións e requirimentos que sexa preciso realizar durante o procedemento selectivo.

 

SOBRE Nº2: “MEMORIA TÉCNICA”.

                Neste sobre deberán figurar obrigatoriamente os criterios dependentes dun xuízo de valor e cuxa avaliación non dependa de fórmulas matemáticas e que aparecen recollidos na cláusula 15.2 do presente prego.

 

SOBRE Nº3:  “OFERTA ECONÓMICA”.

                Incluirá a proposición económica e aqueles criterios cuxa cuantificación pode realizarse mediante a aplicación de fórmulas matemáticas de acordo co modelo que figura no Anexo I do presente prego, sen erros ou tachaduras que dificulten coñecer claramente o que o órgano de contratación estime fundamental para considerar as ofertas, e que, de producirse, provocarán que a proposición sexa rexeitada.

O importe da proposición económica non deberá superar o orzamento de licitación establecido na cláusula 6 do presente prego.

Os licitadores presentarán a súa documentación en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.


Descargar: MODELO PROPOSICION ECONOMICA MANTEMENTO INFORMATICO.pdf
Descargar: MODELO DECLARACION RESPONSABLE MANTEMENTO INFORMATICO.pdf
Descargar: MODELO AVAL DE CONTRATACION MANTEMENTO INFORMATICO.pdf
Descargar: PREGO DE CONDICIÓNS TECNICAS MANTEMENTO INFORMATICO.pdf
Descargar: PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS MANTEMENTO INFORMATICO.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.