Dende o Concello de Cambados facemos público, de forma oficial, o programa da LXIII Festa do Viño Albariño. Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na casa consistorial, a alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro Constantino Cordal, o presidente do Consello Regulador Juan Gil e o secretario do Capítulo Serenísimo Pedro Piñeiro expuxeron as liñas xerais dun programa que xa está a disposición de tódolos interesados en consultalo.
Este programa preséntase en tres formatos: por unha banda, a clásica edición impresa, dispoñible dende hoxe na oficina de turismo. Ademáis, ese mesmo libriño impreso está dispoñible en formato dixital para a súa descarga (enlace na parte inferior do artigo). Pero sen dúbida, a novidade este ano é unha aplicación gratuíta para teléfonos móbiles, dispoñible para as plataformas Android e iOS.
Mediante dita aplicación (que se pode descargar no seguinte enlace) poderánse consultar os diversos eventos como concertos, as novas relacionadas coa Festa ou a historia desta dende as súas orixes, así como consultar mapas de Cambados ou descargar arquivos multimedia