A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, recibeu esta tarde ao grupo de alumnos que forma a segunda edición do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela “Arte, Historia, Xeografía e Cultura na comarca do Salnés” no seu paso pola nosa vila.
Os alumnos e profesores deste curso adicaron a tarde de hoxe a visitar puntos da nosa vila como a Torre de San Sadurniño ou as Ruínas se Santa Mariña, descubrindo a gran riqueza monumental da zona non so dun xeito paisaxístico senón tamén académico.