PERFORMANCE INTERACTIVA DE XURXO SOUTO SOBRE O LIBRO “CONTOS DO MAR DE IRLANDA”

PERFORMANCE INTERACTIVA DE XURXO SOUTO SOBRE O LIBRO “CONTOS DO MAR DE IRLANDA”

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.

Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o terrícola.

Desta descuberta xurdiu un libro, “Contos do Mar de Irlanda”.

E tamén este espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.

Até o momento ten realizado unhas oitenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.

Agora, con humildade e vehemencia, achégase por fin á capital dos océanos: Todos os camiños de Galiza levan ao mar. E todos os camiños do mar levan á Cambados !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.