O vindeiro venres 28 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.
A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que coincidise en venres e vaise a realizar na biblioteca municipal Luis Rei.
O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal, se o tempo o permite haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos.