A BIBLIOTECA LUÍS REI E AS AXENCIAS DE LECTURA PREMIAN AOS SEUS “DEVORADORES DE LIBROS”

A BIBLIOTECA LUÍS REI E AS AXENCIAS DE LECTURA PREMIAN AOS SEUS “DEVORADORES DE LIBROS”

O evento comezará cun pregón a prol da lectura e as bibliotecas que este ano escribiu a galega Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. Lerase en todas as bibliotecas de España e, tras solicitárselle persoalmente, a autora encargouse de remitir o texto en galego á Biblioteca Municipal para a súa lectura por parte de nenos socios da mesma. De seguido está proxectada unha contada por parte de Raquel Queizás, que leva por nome “A Orixe”, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito para todos os públicos. O obxectivo é agradecer aos usuarios da Biblioteca e as axencias de lectura, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades desenvolvidas ao longo do ano. Para rematar, galardoarase aos lectores máis activos neste ano, cuns lotes de libros. Este ano son os seguintes:

 

-Na Biblioteca Luis Rei:

Categoría infantil: Sara Macarena Fernández e Mariña Chaves

Categoría xuvenil: Raquel Rial e Gabriela Varela

Categoría adulto: Beatriz Bugallo e Marta Gómez

Categoría senior: Alicia González e Josefa Chaves

-Na axencia de lectura de Corvillón:

Categorías infantil e xuvenil: Carlota Falcón e Rebeca Núñez

-Na axencia de lectura de Oubiña:

Categorías infantil e xuvenil: Miguel Carro e Pablo Pintos

-Na axencia de lectura de Vilariño:

Categorías infantil e xuvenil: Uxía Brea e Irene Abal

-Na axencia de lectura de Castrelo:

Categorías infantil e xuvenil: Pedro Méndez e Ainhoa Treviño

 

Dende a Concellería de Cultura dan a noraboa a todos os agraciados e animan a todos os veciños e e veciñas de Cambados a achegarse o luns á celebración.