CURSOS DE VERÁN DA OMIX 2017

CURSOS DE VERÁN DA OMIX 2017

A Concellaría de Xuventude do Concello de Cambados informa dos cursos que se levarán a cabo durante os meses de verán no centro sociocultural da Merced:

Xuño:

– Xogamos a contar contos…

  • Data: do 14 ao 28 de xuño
  • Duración: 12 horas

– Educamos en galego: xogos tradicionais e deporte adaptado

  • Data: do 20 ao 29 de xuño
  • Duración: 11 horas

Xullo:

– Sácalle partido á túa marca persoal

  • Data: 12, 13 e 14 de xullo
  • Duración: 10 horas

– Orientación laboral

  • Data: 19 e 20 de xullo
  • Duración: 5 horas

– Educando en igualdade

  • Data: 26 de xullo
  • Duración: 4 horas

– Mildfunllness: educando de dentro a fora

  • Data: 27 de xullo
  • Duración: 4 horas

Agosto:

– Decoración de eventos infantís

  • Data: do 8 ao 11 de agosto
  • Duración: 12 horas

– Monitor de necesidades especiais

  • Data: 17 e 18 de agosto
  • Duración: 30 horas (semipresencial)

– Xestión eficaz do tempo

  • Data: do 21 ao 25 de agosto
  • Duración: 15 horas

Setembro:

– Traballo en equipo / Resolución de conflitos

  • Data: do 4 ao 8 de setembro
  • Duración: 20 horas

– Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral

  • Data: do 11 ao 15 de setembro
  • Duración: 20 horas

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos os cursos, que serán impartidos de maneira gratuíta no centro sociocultural da Merced. Todos estes cursos veñen subvencionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social, Xunta de Galicia), agás os de “Educamos en Galego” e “Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral”, cuxa subvención ven a cargo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia)

Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas