CHARLA SOBRE AS AXUDAS DE CONTRATACIÓN EN EXPOSALNÉS

CHARLA SOBRE AS AXUDAS DE CONTRATACIÓN EN EXPOSALNÉS
Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño

Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá a empresa Nordelaina do 5 ao 28 de xuño.
Será os martes e xoves en horario de 21 a 23 horas en Exposalnés con límite de 20 prazas.
A segunda actividade será un Curso de Manipulación de Alimentos, que terá lugar no Viveiro de Empresas o 29 de maio de 19 a 22 horas, igualmente con asistencia limitada a 20 prazas.
Por último, celebrarase unha Charla-Coloquio sobre as Axudas a Contratación e a Promoción do Emprego Autónomo, tamén hoxe 29 de maio, ás 20.30 horas en Exposalnés, a cargo do Despacho de Avogados Rodríguez&Alonso. A iniciativa está pensada para os autónomos, co fin de que poidan informarse das novas subvencións que poden solicitar.

Á finalización da mesma terá lugar unha mesa redonda, na cal se tratarán as necesidades do comercio local, e na que se lle poderán trasladar aos representantes da Administración Local presentes, aquelas necesidades que entendamos se precisa solucionar (aparcadoiros, iluminación, etc..).

A única das accións que non será de balde é a de Manipulación de Alimentos, que terá un custe de 35 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.