Convocatoria do pleno ordinario de maio

Convocatoria do pleno ordinario de maio

 

 

O xoves 31 de maio, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

A) PARTE RESOLUTIVA

1º.- Aprobación das actas anteriores: 30.08.2017 ordinaria; 28.09.2017 ordinaria; 30.10.2017 ordinaria; 05.12.2017 ordinaria; 28.12.2017 extraordinaria, ordinaria e extraordinaria; 25.01.2018 ordinaria; e 02.03.2018 ordinaria.

2º.- Expediente 2095/2018. Moción – Acordo de goberno para declarar o 24 de febrero día de Rosalía no Concello de Cambados.

3º.- Expediente 2094/2018. Moción do P.P. sobre comarcalización dos parques de bombeiros.

4º.- Expediente 2093/2018. Moción de Somos Cambados a prol da liberdade de expresión.

5º.- Expediente 2054/2018. Moción de Cambados Pode para regular horarios de peche das casetas da Festa do Albariño.

6º.- Expediente 1714/2018. Moción de Somos Cambados para expresar o rexeitamento ao fallo da sentenza xudicial ao grupo de violadores “a manada”

7º.- Expediente 1949/2018. Acordo para reclamar ao SERGAS que non peche o centro de saúde de Cambados durante as tardes de verán e que manteña o mesmo horario de consultas co resto do ano.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

8º.- Dación en conta informe morosidade 1T/2018.

9º.- Dar conta das resolucións da alcaldía.

C) ROGOS E PREGUNTAS

Lembramos que esta sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en Youtube, con enlace nesta páxina web.