Bases do 1º concurso literario “Cambados mar de letras”

Bases do 1º concurso literario “Cambados mar de letras”

O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados, convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”. DIRIXIDO ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

MODALIDADES

  • POESÍA: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.
  • RELATO CURTO: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

PRESENTACIÓN DAS OBRAS

As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo, do autor. Os orixinais virán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, Centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

No sobre exterior figurará só o nome da obra e a plica.

E serán enviados a:

1º CONCURSO LITERARIO
“CAMBADOS MAR DE LETRAS”
IES FRANCISCO ASOREY
R/ OS CAEIROS Nº 25
36630 CAMBADOS
PONTEVEDRA. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Estará aberto dende o 17 de Maio do 2018 ata 10 de Outubro de 2018.

PREMIOS

Concederanse 2 premios en cada modalidade, dotados con 250€ o 1º premio e 125€ o accésit, e figura conmemorativa. Poderían ser recomendadas para a súa publicación, algunha outra obra se así o ditaminara o Xurado, pero en todo caso sen dotación económica. Os premios poderán ser declarados desertos. As obras premiadas e as seleccionadas, serán publicadas nun libro editado polo IES Asorey e o Concello de Cambados, na colección EDICIÓNS DO SERRIDO. Os autores recibirán exemplares do mesmo.

XURADO

Estará formado por profesores e escritores de recoñecido prestixio, e a súa composición será dada a coñecer con anterioridade ao fallo.

FALLO

Será dado a coñecer no mes de Outubro de 2018, mediante aviso aos galardoados e así mesmo, difundirase o acordo a través dos medios de comunicación. A decisión do xurado é inapelable.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios aos autores galardoados, que deberán estar presentes, terá lugar no Concello de Cambados, o vindeiro 9 de Novembro de 2018, declarado como Día do Poeta Ramón Cabanillas.

A participación neste Concurso Literario “Cambados Mar de Letras” 2018, implica a aceptación das presentes bases.

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.