CONCURSO DE CARTEIS DA LXVII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO

Neste ano 2019 a Festa do Viño Albariño encontrarase na súa LXVII edición e será por primeira vez considerada como Festa de Interese Internacional. Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados tentouse recuperar desde o primeiro momento deste mandato o histórico concurso de carteis que viña definindo e divulgando a  imaxe da festa […]

Acto divulgativo sobre a compostaxe

O vindeiro Sábado, dia 4 de Maio a partires das 9 h, farase un acto de divulgación e entrega de compost ós veciños e veciñas de Cambados. No párquing da praza da abastos se ubicará unha carpa onde o Mestre Composteiro xunto coa Técnica de Medio Ambiente Municipais repartirán bolsiñas de compost producidos nos Centros […]

Xornadas de portas abertas da Escola de Música e do Conservatorio

Dende hoxe e ata venres, celebramos na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Elemental Municipais de Cambados as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2019: “Hoxe levo ós meus amigos ás clases da Escola de Música e do Conservatorio” Durante esta semana o alumnado do centro poderá levar ás súas clases individuais de instrumentos ós compañeiros […]

Cambados en Igualdade: programa de actividades

Programa Cambados en Igualdade, en maio e xuño de 2019: – 13 de maio: Mesa xuvenil contra a violencia de xénero. Ás 18:00 no salón de plenos – 15 e 22 de maio: campaña contra a violencia de xénero: ¿onde está a niña media laranxa? -Material de sensibilización contra a violencia de xénero nos centros […]

I Bandeira de traiñeiriñas Festa do Albariño

A “I Bandeira Festa do Albariño” de traiñeiriñas celebrarase o vindeiro sábado 4 de maio a partir das 17:00 horas na Illa das Goritas- Porto de Santo Tomé (Cambados) A regata estará organizada polo Club de Remo Mecos – Isabel A reunión de delegados celebrarase ás 16:00 horas no Salón de Congresos e Exposicións José […]

Festa dos maios, festa da bicicleta e regata da liga galega de kaiak de mar

FESTA DOS MAIOS (1 de maio) 11:30.- Xuntanza dos participantes na Praza do Concello. 12:00.- Saída cara ó Parque Torrado para a actuación folclórico-musical. Participarán: – Xironsa – Volandeira – Con de Xido – O Plantel de Vilariño – Colexio de Corvillón – Colexio da Pastora   FESTA DA BICICLETA (5 de maio) O vindeiro […]

CURSO DE INFORMÁTICA PARA MAIORES EN CAMBADOS

O curso realizarase no Centro Social de A Merced, de luns a venres, durante o mes de maio A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados, que dirixe Tino Cordal, organiza un curso de informática básica para maiores de 60 anos. O obxectivo do curso é que as persoas maiores se familiaricen […]

Convocatoria do pleno ordinario de abril

O xoves 25 de abril, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Aprobación, se procede, das actas de sesión anteriores (sesión do: 29/11/2018; 20/12/2018; 30/01/2019 e 28/02/2019) 2º.- Expediente 1755/2019 – Irmandade co concello […]