A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar a familiares e amigos, as máis sinceiras condolencias polo sentido falecemento de Don Luís Rei, Técnico de Cultura deste concello; persoa entrañable e cunha grande e brillante traxectoria profesional durante os anos que desenvolveu o seu traballo no noso concello.
Hoxe ás 12:30 horas, gardouse un emotivo minuto de silencio na praza do Concello en homenaxe de Luís Rei