Precisanse docentes para un curso de “Operacións básicas de restaurante e bar”
Previsto polo Concello de Cambados dentro das acións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas (AFD) e que vai ter lugar no Centro sociocultural “La Merced”.
Este curso ten unha duración de 318 horas ; vai comezar o 24 de agosto e rematará no mes de novembro. Será en horario de mañá.
Os requisitos para os docentes son:
· Técnicos superiores en restauración, Técnicos en cociña, ou ter certificado de profesionalidade de nivel 3 da familia profesional de hostelería e turismo na área profesional de restauración.
· Deberán acreditar experiencia profesional no ámbito da competencia da ocupación que vai a impartir.
· Acreditar a experiencia docente e/ou formación para docencia da formación profesional para o emprego.