BANDO FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

BANDO FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

BANDO

FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

FÁTIMA ABAL ROMA, ALCALDESA –   PRESIDENTA DO CONCELLO DE CAMBADOS

FAGO   SABER:

Que aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán   (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro ( noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño  (San Xoán) e ata o día 27 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación dirixida ao Concello.

As comunicacións presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos (https://cambados.sedelectronica.gal/ ou no Rexistro Municipal,  segundo o modelo que se fai público.

Que este ano, como consecuencia do COVID-19, unicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados

Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das medidas de seguridade que se indican na comunicación, así como tamén aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19

O que fago público para xeral coñecemento

Banco Fogueiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.