A OMIX: Oficina Municipal de Información Xuvenil

O centro da Merced é a casa da xuventude de Cambados, e nela atópase a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Ao longo do ano prográmanse cursos das máis diversas temáticas, orientados á formación, animación e tempo libre, novas tecnoloxías, etc.

Podes seguir a actualidade da OMIX e a información sobre as actividades realizadas a través da web omix.cambados.es, da páxina de facebook OMIX Cambados, ou visitarnos na primeira planta do centro sociocultural “A Merced” (avda. da Coruña s/n) en horario de atención ao público de 9:30 a 14:30. Tamén podes contactar a través do teléfono 986 54 26 63 ou do correo electrónico omix@cambados.es

Entre as tarefas da OMIX atópanse as de ofrecer:

Información actualizada sobre:

  • Actividades
  • Formación
  • Bolsas e axudas
  • Cursos
  • Premios e concursos
  • Carnés para a mocidade (estudante, alberguista, carné xove, carnés internacionais)

Formación. Ao longo do ano realízanse cursos de:

  • Formación para o emprego
  • Animación e tempo libre
  • Novas tecnoloxías
  • Voluntariado
  • Crecemento persoal

Voluntariado

  •  Información, formación e oportunidade de ser voluntarios.

Animación

  • Con actividades lúdicas ao longo do ano (talleres, excursións, campamentos…)

Carné Xove

  • Para moz@s entre 12 e 30 anos. Pódese solicitar directamente nesta oficina.

Ocio Alternativo

A concellaría de Xuventude está ofrecendo opcións de ocio alternativo, como resposta a unha inquedanza cada vez maior da mocidade, que reclama ter un espazo propio de diversión.

O tempo libre constitúe unha peza moi importante para o desenvolvemento emocional das persoas, en especial dentro dunha franxa de idade na que se forma en gran medida o carácter e a personalidade, se fan amizades e se crean lazos emocionais e afectivos dunha maneira máis intensa que en outras etapas da vida.

Vivimos nunha época na que as ofertas de ocio individuais e pasivas son moi abundantes, mentres que as posibilidades de ocio activo e colectivas son moito máis limitadas. O fenómeno do botellón é un síntoma desta deixadez. Por eso dende o concello implicámonos en ofertar iniciativas para unha xuventude que ten desexos de relacionarse persoalmente, de expresarse abertamente e de buscar o seu protagonismo.