Descarga a App da LXVII Festa do Albariño

A Concellería de Novas Tecnoloxías vén de poñer a disposición de todos aqueles que utilicen un dispositivo Android a app oficial da LXVII Festa do Albariño. A aplicación pode descargarse xa a través do seguinte enlace en Google Play.

O lanzamento desta app garante que todo aquel que visite a festa poida acceder permanentemente á programación do Albariño 2019, sendo posible consultar que actividades ou concertos se están levando a cabo en cada momento, onde son e mapas para chegar ós distintos sitios.

Ademais do programa de eventos, a app da LXVII Festa o Albariño inclúe información sobre a festa e as novas máis recentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.