Administración Electrónica

Os veciños e veciñas de Cambados poden relacionarse co Concello e realizar trámites sen necesidade de saír da casa. Este consistorio conta cunha potente ferramenta para modernizar a xestión administrativa e ofrecer á cidadanía a posibilidade de realizar xestións a través de internet, sen depender de horarios nin de desprazamentos.

Grazas á implantación da administración electrónica, Cambados sitúase como un concello punteiro en canto aos servizos prestados ao público, do cal se poden beneficiar de forma especial todas aquelas persoas que por diferentes razóns non se poidan achegar ata as oficinas municipais para realizar trámites administrativos.

Ademáis de aforrar tempo e molestias aos veciños e veciñas, que ven reducidas as colas nas oficinas municipais, o sistema empregado para a xestión electrónica dos expedientes supón unha axilización do traballo dos funcionarios/as, cunha diminución do tempo e os recursos empregados, o cal redunda nun aforro dos custes para os contribuíntes.

A dirección da sede electrónica do Concello de Cambados é a seguinte:

Redes Sociais

As redes sociais supuxeron unha das maiores revolucións na forma de comunicación entre as persoas de toda a historia. E o Concello de Cambados aposta con firmeza por esta vía de comunicación para chegar a toda a veciñanza.

A través dos nosos perfís en Facebook e Twitter, achegamos aos cambadeses e cambadesas información sobre as novas municipais, os eventos culturais, lúdicos e deportivos, e todo tipo de información de interese dunha maneira áxil.

Pero as redes son sobre todo unha ferramenta de participación, que sirve como canle de feedback, xa que a través delas a veciñanza ponse en contacto co concello para aclarar as súas dúbidas, para realizar suxerencias ou para transmitir calquera incidencia e que esta poida ser resolta na maior brevidade.

Ademáis dos perfís xenéricos en Facebook e Twitter, contamos tamén cos seguintes perfís temáticos:

Webs temáticas

Á hora de ofrecer á cidadanía a maior variedade e facilidade de acceso á información, e sempre coa transparencia como principal premisa, o Concello de Cambados conta cunha variada estrutura de páxinas web temáticas: