CAMBADOS AMPLIA A FIBRA ÓPTICA NAS PARROQUIAS

CAMBADOS AMPLIA A FIBRA ÓPTICA NAS PARROQUIAS

16 núcleos das parroquias de Cambados van dispoñer redes que posibilitarán servizos de acceso a Internet mediante fibra óptica gracias a unha subvención do Ministerio de Economía e Empresa e Fondos Europeos FEDER.

O Concello de Cambados vaise beneficiar do despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet da Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, que están a promover nas parroquias que carecen de Internet de alta velocidade.

A empresa Telefónica de España, S.A., adxudicataria destas axudas do estado, ven de presentar no Concello o plan de despregamento para este ano e que vai permitir que 16 novos núcleos rurais dispoñan de redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Con esta actuación vanse beneficiar antes de que remate o ano un total de 221 inmobles dos seguintes núcleos: Valada, Xieles, Abelleira, Telleira, Casanova, Río Pequeno, Sobreiro, Tombo, Casas Novas, Cortiñas, Cuiña, Fornos, Sartaxes, Outeiro, Castriño e Balsiña

Desta maneira a veciñanza e as empresas do rural das parroquias de Cambados, súmanse as do Polígono Industrial Sete Pías de Cambados e as Depuradoras de Tragove, e que van poder desfrutar dunha conexión de datos tamén de alta velocidade, con ata 350 Megas de conexión, que multiplica por cen a existente hai uns anos no Polígono Industrial de Sete Pías de Cambados e na meirande parte dos núcleos rurais de Cambados.

Segundo explican dende a Cocellaría de Novas Tecnoloxías, o despregue de Fibra óptica esta previsto que remate antes de finalizar o presente ano e preferentemente, o despregue dos cables de fibra realizarse polas canalizacións soterradas existentes. Excepcionalmente e só onde non exista canalización dispoñible, o despregue realizarse en tendidos aéreos por postes ou en trazados por fachada, en función das características construtivas da área a cubrir, por iso en breve, a empresa Telefónica comezara a solicitude dos permisos particulares. Ao tratarse dunha renovación da rede actual, o novo tendido de cables de fibra óptica discorrerá en paralelo coa rede actual de cobre, non procedendo a realizar novos cruzamentos aéreos ou obra civil para o tendido dos novos cables.