Pola presente infórmase a tódalas persoas interesadas que desexen instalar un posto de venda de flores para defuntos, que este ano cambiarase a ubicación dos postos, trasladándose para o Pavillón de exposicións da Nave de Peña.
O mencionado mercado celebrarase dende o mércores, día 28/10/2015 ao domingo, 01/11/2015 inclusive.
Para a instalación dos postos será necesario presenta-la solicitude no Rexistro Xeral do Concello, previo o aboar as taxas correspondente no Servizo de Recadación, sito na 1ª planta do Concello.
A documentación a achegar coa solicitude indícase no modelo de instancia.
A data de remate de presentación de solicitudes será o 16 de outubro de 2015.
Cambados, 15 de setembro de 2015.
Descargar: Instancia Mercado das Flores