CURSO DE COMMUNITY MANAGEMENT FUNDACIÓN UNED

A Fundación UNED desenvolve este curso Online para formar profesionais de Internet na contorna do Community Management. A súa finalidade é formar profesionais nun dos perfís máis demandados no mercado laboral no noso pais: o Community Manager ou Social Media Manager (Responsable de Comunidades Virtuales).

Un Community Manager é a persoa encargada de gestionar, moderar e desenvolver comunidades virtuales (en Facebook, Twitter, Youtube, etc.) en nome dunha marca ou empresa.

É fundamental que este profesional teña uns coñecementos sólidos sobre o sector onde traballa, marketing online, publicidade, comunicación; pero sobre todo debe coñecer as tecnoloxías 2.0. e as posibilidades das redes sociais, ser creativo, resolutivo, saber gestionar plans de marketing 2.0, dinamizar e traballar en equipo.

Neste curso estudarás e poñerás en práctica os labores que desempeña esta figura, obtendo unha visión xeral e práctica sobre marketing online e unha visión profunda dos medios sociais e as súas posibilidades como ferramenta de marketing.Aprenderás as tarefas propias deste perfil: como e cando publicar contidos, onde, como moderar un foro, escribir correctamente un blog, gestionar unha crise en medios sociais, etc. Pero tamén aprenderás a crear unha estratexia acorde aos obxectivos dunha empresa, executala, mantela e medir os seus resultados. É un curso teórico-práctico orientado á túa preparación como profesional.

A revolución que supuxo para as marcas e organizacións a web social ou 2.0. deriva nunha necesidade cada vez maior de integrar na súa organigrama empresarial a figura do Community Manager.


Descargar: Curso de Community Management.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.