A DEPUTACIÓN APROBA MÁIS DE 18000€ AO CONCELLO DE CAMBADOS PARA A ADECUACIÓN DO QUIOSCO DE TORRADO

A DEPUTACIÓN APROBA MÁIS DE 18000€ AO CONCELLO DE CAMBADOS PARA A ADECUACIÓN DO QUIOSCO DE TORRADO

O goberno provincial concedeu xa o 81% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 733619,68€

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, ven de outorgar unha axuda por importe de 18331,10€ ao Concello de Cambados para a adecuación do quiosco de Torrado. A subvención a esta edificación de titularidade municipal atópase enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial. Ata o momento a Deputación leva entregados xa 343423,06€, liña 1, para o soterramento dos tendidos eléctricos da Rúa real, a mellora da capa de rodadura e dotación de beirarúas en Burgáns, para o equipamento dun transformador nas inmediacións da Praza de Abastos, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes e a pavimentación de camiños en Lourido-Sartaxes. Ademáis, 135767,02€, dentro da liña 2, para o pago de gastos correntes, 33941,76€ para o financiamento de “actividade de nadal” e “actividade de entroido” (liña 3) e, por último, 202156,74€ coa fin de xerar 29 novos postos de emprego no Concello, na liña 4.

Neste primeiro cuadrimestre do ano, a Deputación Provincial leva investidos na vila 733619,68€, o que representa o 81% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016.