II ANDAINA SALUDABLE E SOLIDARIA A PROL DE GALICIAME

II ANDAINA SALUDABLE E SOLIDARIA A PROL DE GALICIAME

Este domingo15 de maio, ás 18:00h realizarase a segunda andaina solidaria contra o AME (Atrofia Muscular Espinal), totalmente gratuíta, aberta a tódolos públicos e idades (socios ou non) na que se obsequiará o final do percorrido con bebida e froita a todo aquel que participe. Tamén haberá un Photocall.

A saída será no campo de fútbol do Beiramar, e o percorrido transcurrirá polo sendeiro do complexo intermareal do Umia: Ansuiña/Saíñas/Con de Xido/Correlo/Con Redondo.

Haberá un peto onde depositar doazóns a GaliciAME. Para inscribirse poderán facelo no teléfono 687 968 88.

O evento, organizado pola asociación de mulleres rurais de Castrelo “as Saíñas”, contará coa presenza do actor Luis Zahera (padriño do acto) e da presidenta de GaliciAME Merchi Álvarez.