ACORDO DE GOBERNO PARA APOIAR AS RECLAMACIÓNS TRASLADADAS POR PARTE DA ASAMBLEA DO CERCO, RELATIVAS A REXEITAR O PREACORDO DE REPARTO DE COTAS DE XURELO E XARDA

A Corporación Municipal, por maioría, acorda:

1º.- Manifestar o apoio do Concello de Cambados á flota do cerco e artesanal nas súas reclamacións de reparto xusto das cotas de captura das distintas especies sometidas a TACs.

2º.- Instar ao Goberno da Xunta para que reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes menores, solicitando un reparto lineal e xuto baseado en criterios socioeconómicos (nú.m. tripulantes, …) que permitan aos barcos da comunidade galega acceder ao recurso en igualdade de condicións.

3º.- Instar ao Goberno da Xunta a que defenda aos profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas.

4º.- Trasladar este acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Presidente do Goberno de España e ao Presidente do Parlamento Europeo; e,

5º.- Interesar ao mesmo tempo de tódolos órganismos indicados, que a pesca do xeito e da sardiña, e a do xeito accidental, sexan excluidos dos TACs.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.