TALLERES DE MEMORIA PARA MAIORES NA OMIX

TALLERES DE MEMORIA PARA MAIORES NA OMIX

A oficina municipal de información xuvenil e voluntariado (OMIX) de Cambados porá en marcha, entre o 2 de febreiro e o 15 de marzo uns talleres de reforzo da memoria, reforzo cognitivo e psicomotricidade para maiores.

Os talleres desenvolveranse en horario de 10:30 a 12:00 no centro sociocultural “a Merced”, e serán gratuitos ata completar un máximo de 20 prazas.

Para inscribirse e obter máis información, poden facelo na oficina da OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1º piso) ou chamando ao 986542663, de luns a venres entre as 9:30 e as 14:00

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.