CONVOCATORIA DE BECAS PARA A OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE PROXECTISTA INSTALADOR DE ENERXÍA SOLAR

CONVOCATORIA DE BECAS PARA A OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE PROXECTISTA INSTALADOR DE ENERXÍA SOLAR

CENSOLAR, centro de estudos da Enerxía Solar, concede 20 becas para cursar de forma totalmente gratuíta durante o curso 2016-2017, mediante a modalidade de ensinanza a distancia, os estudos conducentes á obtención do Diploma de Proxectista Instalador de Enerxía Solar.

Os requisitos que se piden son: residir na Unión Europea e posuír uns coñecementos técnicos previos de grao medio, valorándose outros niveis.

Para obter o formulario de solicitude, os aspirantes deben dirixirse a Censolar, Departamento de Formación, Parque Industrial PISA, Edificio Censolar, c/ Comercio 12, 41927 Mairena del Aljarafe, Sevilla, fax 954186111 ou ben a través da dirección de correo electrónico central@censolar.edu indicando o seu nome completo e a súa dirección de correo electrónico, as súas circunstancias persoais, situación económica e motivo polo que se interesan polo tema da enerxía solar, antes do 30 de abril do presente ano.

Os aspirantes recibirán o formulario a través de correo electrónico, e a lista de persoas seleccionadas farase pública o vindeiro mes de xuño. Máis información na web http://www.censolar.edu/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.