A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa informa da posta en marcha de dúas xornadas gratuítas, os días 26 de novembro e 3 de decembro, sobre ventas dentro do programa Feira do Coñecemento, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e as Cámaras de Comercio.
A primeira xornada, “Todos vendemos na empresa, cada detalle conta” impartirase o 26 de novembro no Salón de Plenos da Cámara de Comercio, e está dirixido a pemes, autónomos e profesionais. A duración do curso é de 19:00 a 21:00.
O 3 de decembro desenvolverase a segunda xornada, “A venta emocional: transmitir o valor engadido da nosa empresa”, dirixido tamén a pemes, autónomos e profesionais, ata un máximo de 15 empresas participantes.
Para máis información, poden consultar o arquivo adxunto, au acceder ao seguinte enlace: http://www.camaravilagarcia.com/index_3.php?id_seccion=3&id_idioma=2