O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) e a Secretaría Xeral da Igualdade van a realizar en PONTEVEDRA, nos meses de outubro a decembro, a seguinte actividade formativa
Taller de Formación de Formadoras en materia de sociedade da información dirixido a mulleres profesionais (Programa REA):
· Lugar: aula de informática da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra (R/ Fernández Ladreda, 43, baixo, 36003 (Pontevedra)
· Prazo de Inscrición : ata o día 19 de outubro de 2015
· Duración: 80 horas
· Datas: 22, 23, 29 e 30 de outubro; 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de novembro; 4, 10, 11, e 17 de decembro.
· Horario: de 16 a 21 horas
O formulario de inscrición (ver arquivos adxuntos) deberá dirixirse ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e deberá achegarse un breve currículo vitae.
Achégase o folleto informativo no que figura o programa do curso. Agradecémosvos a vosa participación e colaboración na súa difusión.
Descargar: Folleto_REA_Pontevedra.pdf
Descargar: REA_ Castellano_formulario-inscricion_es.pdf
Descargar: REA_ Galego_formulario-inscricion.pdf