O día 15 de Xuño as 11:00 da mañá o Concello de Cambados invita a cidadanía a participar no Proxecto LIBERA creado por SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes.
A corporación local quere promover esta iniciativa para concienciar e mobilizar á cidadanía a manter os espazos naturais libres de lixo, mediante un encontro anual colaborativo no mesmo día que outras cidades contribuirán con este xesto ambiental.
Para participar nesta recollida os/as cidadáns poderán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambados no teléfono 986 520 902 / 986 520 943 extensión 746 ou mediante mail medioambiente@cambados.es e reservar a súa praza.