O martes, día 23 de agosto de 2016, levamos a cabo este Programa preventivo na Autoescola Sueiro. Realizaremos 1 actividade dirixida á poboación que está preparándose para a obtención do permiso de circulación. O horario de inicio está programado ás 11:00h.
A xustificación deste tipo de intervención parte da alta incidencia do alcohol e outras drogas na siniestralidade do tráfico. O consumo de alcohol constitúe un destacado factor de risco nos accidentes de tráfico e lesións asociadas aos mesmos.
Nas sesións formativas abórdanse os seguintes CONTIDOS:
– Introdución o tema da seguridade vial, o alcohol e outras drogas.
– Descrición da situación actual do consumo de alcohol.
– Ilusión da invulnerabilidade.
– Uso-abuso: “uso racional do alcohol”. Conceptos básicos sobre o alcohol (qué é o alcohol?; tipos de bebidas e gradación alcohólica, unidades de bebida; mitos e crenzas; metabolización e eliminación do alcohol; efectos e riscos do se uso/abuso; alcoholemia (taxa de alcohol no sangue)).
– Alcohol e condución.
– Recomendacións (establecendo límites) en caso de ter pensado beber alcohol (que facer e que non facer).
– Medicamentos, outras drogas e condución.
– Lexislación sobre o alcohol e condución (infraccións máis asociadas co seu consumo).
Obxectivos xerais:
1.-Mellorar a información dos alumnos/as das autoescolas en relación ós riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas.
2.-Incrementar a percepción de “vulnerabilidade persoal” derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol ou outras drogas.
3.-Reducir o número de accidentes viarios entre os mozos/as nos cales interveñen o alcohol e outras drogas.
4.- Reducir o número de lesionados e mortos en accidentes viarios entre a mocidade nos cales interveñen o alcohol ou outras drogas.
5.-Promover actitudes e condutas máis seguras e responsábeis na condución de vehículos entre a poboación que se está a preparar para obter o permiso de circulación nas autoescolas.
Cambados, 22 de agosto de 2016