O CONCELLO DE CAMBADOS VEN DE REMATALA CREACIÓN DUN TELECENTRO NA PARROQUIA DE CASTRELO

O CONCELLO DE CAMBADOS VEN DE REMATALA CREACIÓN DUN TELECENTRO NA PARROQUIA DE CASTRELO

Dende o concello de Cambados comunicamos o remate da creación do novo telecentro na parroquia de Castrelo, nunha aula da Casa de Cultura de Castrelo. Este novo telecentro permitira dotar de equipamento telemática no local da Casa de Cultura do Adro e permitira achegar á poboación desta parroquia as Tic´s, esta dotado de 10 equipos informáticos para dar servizo a internet, a realización de traballos, e instalación tamén dun proxector e pizarra dixital que permitira penetrar nas novas tecnoloxías ós veciños que así o desexen desta parroquia de Cambados, sendo tamén un lugar público de encontro e aprendizaxe cuxo propósito é amplialas oportunidades de desenvolvemento da poboación desta parroquia facilitando o acceso e uso efectivo das Tic.

Os destinatarios deste novo Telecentro van ser a poboación non so da parroquia de Castrelo, se non tamén doutras parroquias do Concello de Cambados, persoas que demanden alfabetización dixital e acceso a búsqueda de emprego e outras cuestións de interes, acceso rápido a servizos a través de Internet, Formación, etc… Xa que neste telecentro vanse realizar pequenos cursos de iniciación á internet tanto para rapaces como para xente maior, sempre sen entrar en competencia co sector privado, e no  que haberá un monitor para titorizar e guiar nas pequenas dubidas de emprego dos equipos e de apoio.

Este novo telecentro do Concello de Cambados, conta cunha subvención do AGADER-FEADER, xa solicitada polo anterior equipo de goberno, no expediente de contratación contaba xa co orzamento de tres empresas para a instalación do mesmo, mediante un concurso negociado sen publicidade, sendo convidadas tres empresas informáticas que non pertencían a este Concello. A nova corporación do Concello de Cambados unha vez tivo constancia de que a axuda foi concedida e da existencia de partida orzamentaria para a realización da mesma, acordou facer pública a contratación da instalación deste telecentro, sumándose tres novas empresas do Concello de Cambados de servizos informáticos, e na que se presentaron unha serie de melloras as ofertas xa existentes polas empresas convidadas pola anterior corporación e sen incrementar o custe da mesma.

A tal efecto, no seu día, unha vez revisado por un técnico municipal tódolos orzamentos presentados para a instalación desta aula informática no mencionado centro, adxudicándose a subministración do equipamento informático á empresa Grupinfor SOAL Cambados, S.C.

O importe total do equipamento ascendeu á cantidade de 7.923,58 €, dos que 5.998,35 € contan cunha subvención do AGADER (75%), MARM (12,13%) e AGADER (12,87%).

Este telecentro contara con 1 Videoproxector Profesional LG BX 275 XGA, 1 Pantalla Proxección 100″, 1Pizarra Dixital Interactiva Promethean Multitáctil, 1 Impresora Multifunción Láser color Canon MF8230CN, 10 Ordenadores All in One LG N2930 con monitor de 21,5″ , Notebook Lenovo Ideapad Flex14Switch TP-Link 24 puertos, 1 Said Salicru SPS 700, e 11 Lector DNI Electrónico USB