O próximo xoves 11 de abril ás 11:00 horas (remate 12:30 horas) na Praza de Fefiñáns, á iniciativa da profesora de música do IES Ramón Cabanillas, Almudena Vidal Varela e coa colaboración do Concello de Cambados, actuarán sobre 100 alumnos/as dentro da actividade “Musiqueando”.
Dita actividade, organizada como una convocatoria a nivel estatal pola COAEM (“Confederación de Asociaciones de Educación Musical”). A actividade consistirá en amosar a veciños e veciñas de Cambados o traballo que se está a desenvolver nas aulas de música dos centros de Ensino. A día de hoxe hai máis de 41.000 nenos e nenas inscritos en toda España. Este tipo de datos poden consultarse no mapa de centros participantes no sitio web musiqueando2019.webly.com