A concellaría de Promoción Económica ven de supervisar a posta en marcha do Mercado das Flores que se vai volver a realizar nas instalacións do salón de exposicións Jose Peña de Cambados, e que nesta ano será a súa terceira edición.
Neste ano mantéñense o número de postos, en total 25 postos de venda de flor e na que participan profesionais de toda a comarca, así como veciños e veciñas de Cambados que plantan a súa propia flor, cinco postos de venda habituais de flores do mercado, e mesmo unha florería de Cambados.
Nesta nova edición, que cumpre o terceiro ano, volvese a celebrar no Salón de Exposición Jose Peña, e a petición das propias florerías, vai transcorrer dende o Domingo 29 de Outubro ao vindeiro 1 de Novembro, mantendo o mesmo horario que na edición anterior, en horario continuado de 8 da mañá ata ás 22 horas, pechando o Mércores 1 de Novembro ás 15:00h.
O goberno local vailles ceder unha tarxeta de carga e descarga a cada posto, reforzara a seguridade e limpeza no Salón de Exposición Jose Peña, mesmo contratando un vixiante de seguridade que permanecera no local polas noites, e reforzarase número de colectores de lixo nas inmediacións para o desperdicio das flores.
Flores e Tapas no mesmo Fin de Semana
Dende a Concellería de Economía e Facenda, que dirixe o portavoz municipal, Xurxo Charlín, a vez que se están ultimando os preparativos para o Mercado das Flores, tamén se esta a traballar na Feira de Tapas, “Pinchos de Outono” na que participaran un total de 10 locais de hostaleira cambadesa, 5 na zona de Fefiñans (Divinas Palabras, A Taberna de Toñi, O Casal, A Casa de Miguel e Restaurante Tío Paco) e outros 5 locais da zona centro de Cambados (O Parador, O Posito, A Cultural, A Adega e A dos Piñeiros).
As Tapas que se serviran nestes locais, unha doce e outra salgada, van ser amenizadas coa mellor música, así o grupo cambades Treboada Rock actuaran o vindeiro Sábado 28 na Praza de Asorei as 13:30h, tratase dun grupo de Rock en galego de mozos de Cambados formado por: Roi Xesteira (Guitarra e Voz), Carmen de Castro (Teclados e Voz), Isidoro Baúlo (Batería), Iago Vilas (Guitarra), Iván Rial (Guitarra e Coros) e Mateo Laya (Baixo).
As tapas que se van servir, co prezo de 1 Euro cada unha, en horario de 13:00h a 15:00h e de 20:00h. a 22:30h nos locais de Cambados e que na súa composición levan produtos amparados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia van ser as seguintes:
– A dos Piñeiros: “Carrilleira” estufada ao licor café (Salgada) e Tartaleta de mazá confitada con augardente de herbas (Doce).
– A Adega: Petisco crebado de café (Salgada) e Coello peneque (Doce).
– A Cultural: Bocado mariñeiro (Salgada) e Filloas alegres (Doce).
– Posito: Filetiño de picaña con salsa de camembert e augardente de herbas (Salgada) e Queixo de cabra frito con cebola caramelizada ao augardente (Doce).
– Parador: Solombo de ibérico ao aguardente de herbas (Salgada) e Milfollas de licor café (Doce).
– Divinas Palabras: Saquiños salgados (Salgada) e Saquiños sorpresa doce (Doce).
– A Taberna de Toñi: Chourizo ao inferno (Salgada) e Mirabeles do Rosal con augardente (Doce).
– Casal: Langostino crocante en salsa de augardente de herbas (Salgada) e “Moussell de licor café e chocolate (Doce).
– A Casa de Miguel: Tosta de verduras con carne en salsa de augardente de herbas (Salgada) e Tiramisú de licor café (Doce).
– Restaurante Tío Paco: Delicias ibéricas (Salgada) e Flan de augardente (Doce).