LUDOTECA DE VERÁN 2016

Con motivo do inicio das vacacións estivais, e co fin de conciliar a vida laboral e familiar das familias de Cambados, o Concello pon á disposición dos veciños e veciñas a ludoteca de verán.

A mesma dará comezo o día 4 de xullo e prolongarase ata o día 26 de agosto. O prazo para presentar as solicitudes (documento adxunto) será dende o 23 de maio ata o 6 de xuño (ámbolos dous inclusive).

Unha vez cumprimentadas e, coa documentación requerida, presentarase no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo indicado con anterioridade, e en horario de 8:30 a 14:30 de luns a venres, e de 9:00 a 13:00 os sábados.

 

Os horarios das actividades serán:

Con comedor: De 8:00 a 15:00 h.

Sen comedor: De 8:00 a 14:00 h.


Descargar: Solicitude ludoteca veran 2016.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.