EXAMES PARA ÁRBITROS DE FUTBOL

O próximo luns día 12, en Cambados terán lugar os exames para árbitros para 1ª, 2ª e 3ª categoría Autonómica Galega da provincia de Pontevedra.

Desde as 9 da mañá, nas instalacións deportivas do Pombal farase a entrega de dorsais para comezar as probas físicas unha hora despois. Os exames teóricos, sobre as regras do xogo e a redacción de actas, terán lugar ás 12 no edificio da Merced.

Ditas probas teñen como finalidade comprobar se os candidatos son aptos para realizar a arbitraxe, así como para valorar e realizar una clasificación final sobre quen debe ascender ou descender de categoría. Ao final de tempada faranse novas probas aos candidatos.

A xornada rematará cun xantar no noso concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.