A Concellería e Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa de que o vindeiro luns, día 25 de setembro, abriranse as inscricións para a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe 2017/2018. Tódolos interesados deberán de inscribirse previamente na Oficina do Técnico de Deportes, sita no Edificio Multiusos de A Merced, na avenida de A Coruña en horario de 9:30 a 13:30 horas. As inscricións seguirán un rigoroso orde ata esgotalas prazas dispoñibles.
Posteriormente, a monitora encargada da actividade formará os grupos e dará toda a información necesaria ós pais/nais/titores dos alumnos inscritos, sobor de cómo se desenvolverá a actividade. Posiblemente a actividade se desenvolva no mesmo lugar (pavillón do IES Francisco Asorey) e hora da pasada edición (16:30 a 18:00 horas).